Skip to Content

Novas

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO

CANDIDATURAS Á RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 A xunta electoral publicou no taboleiro do centro as candidaturas presentadas para a renovación parcial do Consello Escolar.

Tamén poden consultar nas seguintes ligazóns as distintas candidaturas:

 Relación candidaturas pais e nais

 Relación candidaturas alumnado

 Relación candidaturas profesorado

 Relación candidaturas persoal de administración e servizos

 

As votacións para elixir ao representante das familias terán lugar o xoves 24 de novembro de 18:00 a 20:00 horas no salón de actos do edificio Ribeiro.

 A mesa electoral estará integrada, seguindo a normativa, pola directora e catro vogais (pais, nais ou titores) elixidos por sorteo público o día 11 de novembro.

 

ELECCCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22-23

Neste curso académico no IES O Ribeiro renóvase parcialmente o Consello Escolar (CE).

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes) terá lugar o próximo venres 28 de outubro ás 11:10 h na biblioteca do edificio Abrente.

O día 3 de novembro terá lugar a primeira reunión (constitución) da Xunta Electoral:

  • Aprobación do calendario de actuacións para cada sector.
  • Solicitude, mediante escrito, ao Concello e ANPA para que designen os seus representantes no CE.

O día 8 de novembro publicarase a convocatoria de eleccións nos diversos sectores educativos. Serán publicados tamén os censos electorais.

 

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (25 €)

A Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirirmaterial escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022(DOG núm. 196, do 14 de outubro), establece que aquelas familias que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 , recibirán un vale adicional de 25 .

BENVIDOS AO CURSO 2022-2023

As clases comezarán o venres 9 de setembro porque o día 8 de setembro é festivo local en Ribadavia.

As etapas educativas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica comezarán en horario habitual de 8:40 a 14:10 dispoñendo de transporte escolar. O alumnado de ESO e Bacharelato será recibido no patio do edificio Ribeiro e o alumnado de Formación Profesional Básica será recibido no edificio Abrente.

O alumnado dos ciclos formativos de grao medio e superior comezará cun acto de presentación ás 12:00h no Edificio Abrente e o luns en horario completo.

  • C.M en Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
  • C.M en Aceite de Oliva e Viños.
  • C.S en Vitivinicultura.

VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Os vales de material escolar serán entregados a partir do día 1 de setembro de 2022, na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Só se entregarán os vales ao pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a, ou a persoas debidamente autorizadas polo pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a (descargar modelo de autorización para a entrega do vale).

CONCURSO LOGOTIPO PARA O CENTRO

O logotipo que resultou premiado foi o da alumna de 1º bacharelato Eliska Piños. Parabéns!!

 

Bases do concurso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut