Skip to Content

ERASMUS+

Erasmus +

ERASMUS + 2019-2020

O IES O Ribeiro está a desenvolver en 4º ESO un programa Erasmus+ co centro Coláiste Ghlór na Mara de Balbriggan (Irlanda). Este programa enmárcase na Acción Chave 2 do programa Erasmus + (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) e leva por título Medieval Villas sustainable development studies and town-twinning in the EU. Os obxectivos principais deste programa son os seguintes:

  •  Lingua. Promover o estudo e a protección das linguas minoritarias (galego e gaélico) e a comunicación nas catro linguas dos dous centros de ensino participantes (galego, castelán, gaélico e inglés).
  • Vilas medievais sostibles. Promover o estudo da historia e dos elementos patrimoniais comúns, co fin de proporcionar aos concellos respectivos unha base para o irmandamento das cidades ao fin do proxecto, en 2020.
  • Cultivar os valores da UE, mediante a convivencia de alumnos coetáneos dos dous países.
  • Fomentar o gozo de viaxar e máis a pertenza a unha entidade supranacional como a UE, por medio de actividades motivadoras como os intercambios internacionais para o ensino e a aprendizaxe.
  • TIC. Introducir e desenvolver ferramentas TIC como o uso de Skype e a creación de materiais audiovisuais que serán ofrecidos ás televisións autonómicas e nacionais para a súa difusión.

 

 

 
 
 
 
 

 

 


 

 

Identificación dos Ciclos e FPB  (Galego e Inglés)

 

Basic professional degree in Food Industries - FP Básica Elaboración de productos alimentarios (Inglés)

Basic professional degree in Vehicle Maintenance - FP Básica Mantemento de vehiculos (Inglés)

Ciclo Medio EAOV (Galego)

CM Electromecánica de vehículos (Galego)

CS Vitivinicultura (Galego)

FP Básica Elaboración de productos alimentarios (Galego)

FP Básica Mantemento de vehículos (Galego)

MC Electromechanics of motor vehicles - CM Electromecánica de vehículos (Inglés)

MC Olive Oils and Wine - CM Aceites de oliva y vinos (Inglés)

SC Vitiviniculture - CS Vitivinicultura (Inglés)

 

 


 

 

 PROGRAMA ERASMUS+

Tres dos alumnos de segundo curso do Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños están a completar os seus estudos coa realización de prácticas (Formación en Centros de Traballo) en Ascoli Piceno (Italia) grazas a una bolsa que lles foi concedida baixo o programa Erasmus +. Anteriormente, un alumno xa titulado, rematou un período de seis meses de prácticas neste mesmo lugar.

Alí tiveron a oportunidade de coñecer outra forma de viticultura e vinificación, así como de cultivo de olivos e elaboración de aceite.

Cunha duración total de 70 días, esta formación resultou moi beneficiosa e de proveito para os nosos alumnos tanto para completar a súa formación como de cara ao seu futuro profesional.

Recentemente se nos comunicou que foi concedido o novo proxecto Erasmus +, baixo o nome de “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia” 2016-1-ES01-KA102-024869 e que dará a oportunidade de realizar 395 mobilidades de estudantes.

No sucesivo darase máis información sobre este novo proxecto e procedemento para a selección tanto de estudantes, coma titulado ou profesorado

Distribuir contido


by Dr. Radut