Skip to Content

Bolsas e axudas

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2024-2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Desde o 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, NON SE PODERÁN PRESENTAR NOVAS SOLICITUDES.

No noso centro sería para todo o alumnado que no curso 2024/2025 se matricule ou teña previsto matricularse nalgunha das seguintes ensinanzas:

Axudas para a realización de Actividades de Formación en Linguas Estranxeiras no Ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Prazo de solicitudes aberto desde o 13 de febreiro ata o 12 de marzo (incluído)

VALES DE MATERIAL ESCOLAR (ESO)

Os vales de material escolar serán entregados a partir do día 1 de setembro de 2023, na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Só se entregarán os vales ao pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a, ou a persoas debidamente autorizadas polo pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a (descargar modelo de autorización para a entrega do vale).

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94, do 19 de maio de 2023): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 20 de maio ata o día 21 de xuño de 2023, incluídos.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

Formas de presentación:

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Desde o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, NON SE PODERÁN PRESENTAR NOVAS SOLICITUDES.

No noso centro sería para todo o alumnado que no curso 2023/2024 se matricule ou teña previsto matricularse nalgunha das seguintes ensinanzas:

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (25 €)

A Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirirmaterial escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022(DOG núm. 196, do 14 de outubro), establece que aquelas familias que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50 , recibirán un vale adicional de 25 .

VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Os vales de material escolar serán entregados a partir do día 1 de setembro de 2022, na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Só se entregarán os vales ao pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a, ou a persoas debidamente autorizadas polo pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a (descargar modelo de autorización para a entrega do vale).

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).

Enlace á normativa

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2022.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

 

Formas de presentar a solicitude:

BOLSAS PARA O CURSO 2022-23

O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios comeza o día 30 de marzo de 2022 e remata o 12 de maio de 2022.

 No noso centro sería para todo o alumnado que no curso 2022-23 curse:

  • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior.

  • Ciclos Formativos de Grao Básico.

Máis información no BOE de 12 marzo de 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut