Skip to Content

INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Industrias Alimentarias

Ciclo Formativo Grao Medio Aceites de Oliva e Viños (Réxime Ordinario)

Ciclo Formativo Grao Superior Vitivinicultura (Réxime Ordinario)

CONVENIO DE COLABORACIÓN CA ASOCIACIÓN OLIVARNOIA

No día de hoxe firmouse o Convenio de Colaboración coa Asociación Olivarnoia e o IES O RIBEIRO, co propósito de que o alumnado de Ciclo Medio de Aceites e Viños poda realizar prácticas de elaboración de aceites de oliva e tamén de olivicultura.

Cada vez hai más zonas de cultivo de olivo en Galicia, destacando o sur de Ourense e Pontevedra e puntos da Provincia de Lugo. A parte de poñer en producción terreos ermos e abandoados, as iniciativas de asociacións coma Olivarnoia, Comunidades de Montes e empresas dan impulso a unha actividade económica emerxente que permite a creación de postos de traballo no rural. Por isto faise imprescindible a obtención de mao de obra cualificada grazas a este tipo de colaboracións, reforzando así a formación do alumnado.

   

Enlace da noticia no xornal "A Voz de Galicia"

Distribuir contido


by Dr. Radut