Skip to Content

CURSO AFD 2023

O día 21 de marzo comezará no IES O Ribeiro a seguinte Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas Desempregadas (AFD) que inclúe prácticas en empresas: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos.

O curso vai dirixido a formar persoas para exercer a súa actividade profesional realizando operacións auxiliares de mantemento na área de carrocería en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas ao mantemento de vehículos, automóbiles, motocicletas, vehículos industriais, maquinaria agrícola, de obras públicas e embarcacións

Solicitudes de inscrición no IES O Ribeiro (teléfono contacto:988 788 463) ou na Oficina de Emprego de Ribadavia (teléfono contacto:988 788 259)

Nome curso: TMVL0109: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos

  • Número curso: 2022/004914.
  • Data inicio: 21/03/2023.

  • Data finalización: 30/06/2023.

  • Lugar impartición: IES O Ribeiro. Edificio Abrente.

  • Número máximo asistentes: 15.

  • Horario: de 16:00 a 21:00.

  • Data de prácticas en empresas: 26/06/2023 – 30/06/2023.

  • Horario prácticas: de 10:00 a 14:00 y 16:00 a 20:00.

  • Módulos a impartir:

- MF0620: Mecanizado básico. Duración: 90 horas.
- MF0621: Técnicas básicas de substitución de elementos amovibles: 90 horas.
- MF0622: Técnicas básicas de preparación de superficies: 90 horas.
- MP0188: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos: 40 horas.
- FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero: 10 horas.
- FCOXXX24: Formación para a igualdade (8h.) Duración: 8 horas.

 



page | by Dr. Radut