Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (DOG nº 96, do 20 de maio de 2024): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 21 de maio ata o día 21 de xuño de 2024, incluídos.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

Formas de presentación:

  • Presencialmente na secretaría do centro: utilice os  Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria (podes pedilos na secretaría do centro) e entregar debidamente cubertos e asinados, xunto coa documentación.

  • Presencialmente con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros (https:www.edu.xunta.gal/fondolibros)imprima e asine os Anexos I e II; entregue os Anexos xunto coa documentación, na secretaría do centro.

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
Convocatoria Axudas Material Escolar 24.25.pdf1.3 MB
Anexo I.pdf1.88 MB
Anexo II.pdf2.85 MB


page | by Dr. Radut