XORNADA DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. TRANSICIÓN DE PRIMARIA Á ESO

O IES Nº1 A Estrada invita ás familias dos centros de Educación de infantil e primaria adscritos, a coñecer as nosas instalacións e a proporcionarlles información de interese sobre a nova etapa.
A reunión terá lugar o martes, día 28 de maio ás 19:00 h na biblioteca do noso centro.