ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

      De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e

Formación Profesional (DOG do 8 de outubro), pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que

lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

      1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao

establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente

proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. O outro (1) representante de pais/nais será

designado pola ANPA maioritaria no centro.

 

      2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no

Censo correspondente que a partir do 9 de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 20 de novembro.

 

      3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo

que se facilitará na Secretaría do Instituto. As candidaturas poderán ser presentadas dende o 9 de novembro ata as 10'00 horas

do día 21 de novembro.

 

      4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 21 de novembro. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente,

catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.

 

      5.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de  10 electores/as.

 

      6.- As votacións realizaranse neste IES o día 27 de novembro, de 18:10 a 20:30 horas. A mesa electoral será constituída o

mesmo día, en acto público, ás 18:00  horas.

 

      7.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa

personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e

non se admitirá o voto por correo.

 

      8.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai (ambos) ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

 

      10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao

seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

      11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.