Skip to Content

Concursos

Convocatorias de concursos

FASE CLASIFICATORIA PARLAMENTO XOVE MODALIDADE BACH

O día 16 de marzo as nosas alumnas de 1º de BACH, Silvia Basanta, Laura García, Carla Gómez e Sara Pico, alcanzaron un ben merecido segundo posto na fase clasificatoria da liga de debate do Parlamento Xove, baseado nunha competición na que os diversos equipos debaterían sobre o tema formulado pola organización  (Regulación da IA por parte dos estados). A dificultade da actividade estivo en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procedeu ó sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, da cuestión formulada.

Parabéns ás alumnas e como non,unha vez máis, ó seu profesor Xulio González!

CLASIFICACIÓN XI CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

Grazas a todas e todos os participantes e colaboradores. Parabéns aos institutos gañadores!

* Preme nas imaxes

XI Concurso "LUCUS INTERCENTROS" - PARA VER EN DIRECTO


Para ver a retransmisión: preme no cartel ou escanea o código QR
NON ESTARÁ DISPOÑIBLE ATA O MOMENTO DO CONCURSO

cartel do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo

Cartel deseñado polo CF de Audiovisuais - encargados da retransmisión

Para ver a retransmisión: preme no cartel ou escanea o código QR
NON ESTARÁ DISPOÑIBLE ATA O MOMENTO DO CONCURSO


Ligazón directa para ver en Youtube:  https://youtube.com/live/jTgc4pxUzk0?feature=share

SORTEO EQUIPOS "LUCUS INTERCENTROS"

XI CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

*Consultade as bases premendo no cartel

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DAS CULTURAS DO MUNDO"

Poderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2024 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DAS CULTURAS DO MUNDO"(é dicir calquera imaxe que faga relación á música, festas, gastronomía, construcións, paisaxe, vestimenta,…) Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o curso, nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para a cultura do mundo que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: 1ºESO_A_NomeApelido_bereberes.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo actividadesmuralla@gmail.com co asunto da mensaxe “Calendario.Culturas do mundo”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun lapis de memoria entregándoo ao profesorado responsable desta actividade.

O período de envío de fotografías remata o 27 de outubro de  2023, inclusive.

A presentación das fotografías/ilustracións suporá a aceptación e autorización ao IES Muralla Romana para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Aínda que se manteñen os seus dereitos de autor.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías e/ou ilustracións. Non se aceptarán traballos realizados por persoas distintas ao autor/-a ou que non sexan propiedade do autor/-a nin tampouco traballos que foran premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

O participante manifesta e garante que é o/a único/ a titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía/ilustración que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por cinco profesores/-as do instituto (1 pertencente ao grupo de biblioteca, 1 representante do equipo directivo, a coordinadora do EDLG, 1 Departamento Galego e 1 en representación do claustro) e un/ unha representante do persoal non docente. Outorgaranse 1º, 2º e 3º premio entre as imaxes presentadas polo alumnado.

Ademais das tres fotografías premiadas elixiranse outras nove para elaborar o calendario do 2024.

Os criterios, para a elección dos premiado,s do xurado serán a creatividade, a mensaxe e a calidade artística da fotografía/ilustración. Rematado o prazo de inscrición e envío de fotografías, o veredicto do xurado terá lugar o 7 de novembro de 2023.

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O/A participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estritamente os requisitos sinalados nestas bases.

GAÑADORES DA IV EDICIÓN DO CONCURSO PILABOT

pILABOT

O IES Muralla Romana proclámase co 1º posto da IV edición do concurso de recollida de pilas PILABOT. 

O concurso pechouse coa recollida dun total de 46.649 kilos. Dese total, o noso instituto recolleu máis de 4,6 toneladas de pilas. 

Podes consultar a noticia premendo aquí.

¡¡ Moitas grazas a todos/as os/as que axudaron a conseguilo!!!

II OLIMPIADA DE XEOGRAFÍA JUNIOR DE GALIZA

O mércores 26 de abril tres alumnos de 3º da ESO participaron na II Olimpiada de Xeografía Junior de Galiza que se celebrou na Facultade de Xeografía e Historia da USC. 

Olimpiada XeografíaOlimpiada Xeografía

TOUR DO TALENTO 2023

Tour do talento 2023- Desafío: "Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir"

Tour do talento

 

O reto consiste en aportar unha idea ou proxecto que teña como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas na cidade de Lugo, crear unha sociedade máis participativa e deseñar o modelo de cidade na que se quere vivir, fomentando o emprendemento xuvenil. 

Poderán participar equipos de 3 persoas + un profesor. A data límite para inscribirse será o 19 de abril.

Para máis informaicón pincha aquí
Enlace ás bases da actividade.

Animádevos a participar!!!

 

 

Concurso Programa-me

O equipo formado por alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, acadou o primeiro posto na fase rexional do concurso de programación competitiva Programa-me (www.programame.com) onde participaron 82 equipos, polo que acadan un posto na fase final a celebrar en Madrid.

O concurso está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e pode participar o alumnado matriculado en ciclos formativos. Nunha primeira etapa, o alumnado participa nas fases rexionais que dan acceso á fase final. 

O alumnado forma equipos de tres persoas e teñen que resolver oito problemas de programación que requiren desenvolver e implementar algoritmos, traballar con estruturas de datos e organizar o traballo en equipo para acadar un resultado óptimo. Os equipos dispoñen dun límite temporal de dúas horas. 

Parabéns a todos os participantes e, moi especialmente, ao equipo gañador.

Concurso DAM

Distribuir contido


by Dr. Radut