Skip to Content

Concursos

Convocatorias de concursos

Concurso Programa-me

O equipo formado por alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, acadou o primeiro posto na fase rexional do concurso de programación competitiva Programa-me (www.programame.com) onde participaron 82 equipos, polo que acadan un posto na fase final a celebrar en Madrid.

O concurso está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e pode participar o alumnado matriculado en ciclos formativos. Nunha primeira etapa, o alumnado participa nas fases rexionais que dan acceso á fase final. 

O alumnado forma equipos de tres persoas e teñen que resolver oito problemas de programación que requiren desenvolver e implementar algoritmos, traballar con estruturas de datos e organizar o traballo en equipo para acadar un resultado óptimo. Os equipos dispoñen dun límite temporal de dúas horas. 

Parabéns a todos os participantes e, moi especialmente, ao equipo gañador.

Concurso DAM

Clasificación Lucus Intercentros

Grazas a tódolos participantes do Lucus Intercentros e noraboa aos tres institutos gañadores. 

2º premio1º premio3º premio

Clasificación final do Lucus Intercentros.

 

O ano das emocións

O pasado día 22 de decembro tivo lugar a entrega de premios do Calendario que leva por título "O ano das emocións".

En primeiro lugar queremos dar as grazas ao alumnado de 1º INFOFI que axudou na súa elaboración, traballando de forma constante para que dito calendario puidese estar en tódalas aulas do noso centro. 

Agradecer e felicitar a tódolos participantes no concurso, e de xeito especial dar a noraboa a aqueles que foron elexidos para formar parte deste proxecto. 

Alumnos INFOFIGañadoras

Calendario 2023, o ano das emocións

No concurso que realizamos para elaborar o " Calendario 2023, o ano das emocións", o veredicto do xurado foi o seguinte:

Veredicto calendario 2023

GRAZAS A TODOS E A TODAS OS/AS PARTICIPANTES!

X CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

CARTEL LUCUS INTERCENTROS

Coñece as bases do concurso premendo aqui

Veredicto do concurso fotográfico: #FotoconclaseIII

17/02/2020 09:46
17/02/2020 20:46

CONCURSO FOTOGRÁFICO: #FOTOCONCLASEIII

Este proxecto cumpre a súa terceira edición. Este ano o alumnado de 4ºESO, dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e organizados en varios grupos, fixeron varias propostas e deseños. Elixiron o cartel e a temática que protagonizaría o concurso deste ano, e promocionárono a través das nosas redes sociais de Cerebritos Encendidos ( Instagram e Facebook). 

Cartel concurso fotográfico

Como vedes, o reto deste ano foi realizar unha fotografía na que destacase a choiva. 

(Pódese seguir o concurso a través de #fotoconclaseIII) 

Podedes ver os/os gañadores/as do concurso pinchando aquí.

 

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

17/01/2020 11:00
17/01/2020 14:00

Cartel  Concurso LUCUS INTERCENTROS en pdf
CARTEL pdf     BASES pdf

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Sorteo - eliminatorias cuartos de final
16/01/2020

Acta do sorteo pdf       O sorteo en vídeoVídeo


IX Concurso LUCUS INTERCENTROS en diferido

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Clasificación pdf       Emisión en diferidoVídeo


CONCURSO: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!

 

BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!


Cartel do concursoCONCURSO:
Deseñamos a identificación dos contedores de lixo do centro.

OBXECTIVOS:
- Sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta selección do lixo e do uso dos contedores do centro.
- Fomentar unha cultura e práctica de hábitos saudables que non contaminen o medio ambiente.
- Concienciar á comunidade educativa sobre o valor dos residuos.
- Desenvolver diferentes actividades que poñan en práctica a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

TEMÁTICA:
O concurso: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!! ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa á hora de seleccionar os residuos xerados por nós. Comezando polo que está máis próximo, educarémonos para facelo alá por onde vaiamos.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN: Os e as participantes terán que deseñar unha imaxe que identifique o lixo que recolle cada contedor:
  • Amarelo
  • Azul
  • Verde
- A imaxe debe presentarse en formato A4 con técnica libre e debe ser orixinal e inédita.

DESTINATARIOS/ AS:
  • Alumnado de 1ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor azul.
  • Alumando de 2ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor amarelo.
  • Alumnado de 3ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor verde.
PRAZO
Dende o 18 de novembro ata 16 de decembro de 2019.

EXPOSICIÓN E GAÑADORES/AS
Cos traballos presentados a concurso realizarase unha exposición no centro e o xurado valorará e elixirá os tres que mellor reflictan o obxectivo deste concurso.

XURADO
Estará formado polos membros do grupo de biblioteca, un representante do equipo directivo e un membro do persoal non docente.

PREMIOS
Haberá tres primeiros premios, xa que serán elixidos os mellores deseños para cada contedor. Impresión dos deseños gañadores para colocar en cada contedor.
VALE LIBRARÍA para os/as autores/ as

[CARTEL DO CONCURSO]
Cartel creado con Canva

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: “ UN MES, UNHA MULLER! "

 

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: " UN MES, UNHA MULLER! "


Cartel concursoPoderá participar no concurso calquera alumno/a do IES MURALLA ROMANA matriculado/-a no curso 2019-2020.

A temática do concurso será "Un mes, unha muller". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías deben presentarse en formato dixital. Deben ser arquivos JPG e o seu tamaño mínimo de 2000 píxeles x 2000 píxeles, preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e o título da fotografía, por exemplo: NomeApelido_camiñandopaseiñosempresechega.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo ies.muralla.romana@edu.xunta.gal co asunto da mensaxe “Concurso de Fotografía 2019”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo a Consuelo Devesa (vicedirectora).

A presentación das fotografías suporá a aceptación e autorización ao IES Muralla Romana para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Aínda que se manteñen os seus dereitos de autor.

O período de envío de fotografías comeza o 1 de novembro de 2019 e remata o 30 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor/-a ou que non sexan propiedade do autor/-a nin tampouco fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

O participante manifesta e garante que é o/a único/ a titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por tres profesores/-as do instituto ( 1 pertencente ao grupo de biblioteca, 1 representante do equipo directivo e 1 en representación do claustro) e un/ unha representante do persoal non docente. Outorgaranse 1º, 2º e 3º premio entre as fotos presentadas polo alumnado.

Ademais destas 3 fotografías premiadas elixiranse outras 9 para elaborar o calendario do 2020.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, a promoción á hora de recoñecer a presenza da muller na sociedade e a calidade artística da fotografía. Rematado o prazo de inscrición e envío de fotografías, o veredicto do xurado terá lugar o 3 de decembro.

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estritamente os requisitos sinalados nestas bases.

[CARTEL DO CONCURSO]



Distribuir contido


by Dr. Radut