Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

XORNADA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Cartel das Xornadas

Esta xornada de orientación profesional  organizada polo Departametno de FOL e as Familias profesionais do IES Muralla Romana, ten como obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais do IES Muralla Romana, compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos ( ESO e Bacharelato).

■ Fomentar a interacción dos distintos niveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana.

- Que instalacións hai, como son esas instalacións e onde se atopan.
- Que se estuda en cada unha das familias profesionais.
- Como se traballa.

■  Fomentar o traballo interdisciplinar.

Familia Administración e xestiónFamilia Imaxe persoalFamilia Informática e comunicacións

 

ENREDANDO CO GALEGO

O martes 7 de maio tivo lugar no noso salón de actos a presentación da iniciativa Enredando co Galego. Nesta edición, contamos coa visita de Samuel Merino e SIlvia Abril, poetas cos que desfrutamos dun recital.

Estudantes de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e Bacharelato crearán textos ou contido dixital en galego, durante 21 días, que se enviarán á  Escola de Escritoras e Escritores da AELG. Ademais, tamén se poden compartir nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego. e aparecerán na páxina web da AELG. En xuño asistiremos, co noso alumnado participante, a unha gala final no Gustavo Freire con entrega de premios para os mellores textos e un concerto moi especial.

FP INNOVA GALICIA 2024

O alumnado de 1º SIMIRE (Informática) e 1º PECOCA(Imaxe persoal) asistiron o 26 de abril á zona expositiva  da FP Innova Galicia 2024 (Cidade da cultura en Santiago de Compostela). Un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa. O alumnado puido experimentar, en primeira persoa, coas novas tecnoloxías, participando nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

I XOGOS POPULARES MURALLA-FOLE

O 29 de abril as alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Ánxel Fole e do noso IES Muralla Romana desfrutaron dunha xornada de xogos populares que se desenvolveu  con gran animación e deportividade. Os dezaseis equipos enfrontáronse en Chave, Bolos, Brilé e Corda, resultando gañadores Muralla1 (Pablo, Sebas, Piero, Abigail, Malak, Eric e Antonio) e Fole 8, que gañaron todos os seus partidos.

VISITA A PULL & BEAR

O  alumnado de 1º e 2º de BACH da rama de economía visitou as instalación da empresa PULL & BEAR, unha das marcas estrelas da compañía galega INDITEX. A visita tivo moi boa acollida entre o noso alumnado e puideron ver de primeira man todos os departamentos que nela podemos atopar, dende loxística a deseño, recursos humanos, produción, patronaxe...

COÑECENDO O LUGO ROMANO

O alumnado de 1º de FP Básica de Informática e de Peiteado desfrutou da visita do Museo Provincial e o Porta Miñá.

No Museo Provincial descubriron o mosaico, xoias da época romana e castrexa e o claustro do Mosteiro de San Francisco, onde se encontran monumentos funerarios  destinados a perruqueiros antigos. No Porta Miñá, tiveron a oportunidade de visitar unha cloaca romana e descubrir a historia de Lucus Augusti. Visionamos un documental sobre a estrutura da cidade e aprendemos  como eran os enterramentos, a artesanía e as formas de vida durante o Imperio.

FÚTBOL GAÉLICO

O xoves 25 de abril, os alumnos de 1º ESO, recibiron un curso de iniciación ó fútbol gaélico que rematou cun torneo no tempo de lecer. Na imaxe os equipos finalistas co monitor Pedro Val, do equipo Torques de Lugoslavia.

NAVEGA CON RUMBO

Charla Navega con Rumbo

O mércores día 24 de abril, o alumnado de 1º da ESO asistiu á charla NAVEGA CON RUMBO. Impartida por Alberto Luengo, do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). O obxectivo desta interesante  charla foi orientar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos derivados do uso da tecnoloxía. 

Máis información: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O día 17 de abril, Paula Fernández (Bióloga ambiental da UNED de Lugo) e Ana Traseira (directora da UNED de Lugo) levaron a cabo unha exposición sobre a crise climática, dirixida ó alumnado de 4º ESO e 1º BACH. Nela destacaron, en primeiro lugar, a relevancia da UNED e, en particular, a súa participación en proxectos ambientais.

Xa na segunda parte da conferencia relataron os diversos retos ambientais ós que nos enfrontamos como sociedade. Falaron sobre os combustibles fósiles, o CO2 e o aumento da temperatura no planeta (o cambio climático), así como as consecuencias que este cambio climático pode chegar a xerar, para finalizar informaron sobre algunhas das medidas que, individualmente ou a través de colectivos, se poden tomar para minimizar as consecuencias do impacto medioambiental.

Distribuir contido


by Dr. Radut