Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Prevención de condutas violentas "Bullying"

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Prevención de condutas violentas - "Bullying"
 

Días:  14, 21 de xaneiro
         04, 11, 25 de febr.
         04 de marzo

Hora: 10:30 a 11:20
Lugar: Aula
Para:  4º ESO

Desde fai xa algúns anos Cruz Vermella Xuventude leva desenvolvendo un Programa de Prevención de Condutas Violentas nos institutos. 

A metodoloxía que utiliza é activa e participativa, reforzando os estímulos e a motivación individual e grupal, integrando a experiencia práctica como punto de partida para a reflexión. Os métodos e técnicas adáptanos a cada situación fomentando a cohesión grupal, o traballo cooperativo, o diálogo e o respecto aos diferentes puntos de vista.
 
Cruz Vermella conta ademais cun portal específico, PRE20 sobre non violencia. Debido a que en moitos casos a violencia preséntase como unha forma de resolver conflitos; faise necesario reflexionar sobre ela e a súa consecuencia, co obxectivo de cambiar esas actitudes e comportamentos.

Máis información

Obradoiro "Resolución de conflitos"

STOP violencia escolarObradoiro "Resolución de conflitos"

Os alumnos e as alumnas de 1ºESO e FP Básica (INFOFI e PEIEST) participarán nuns talleres de prevención de condutas violentas e resolución de conflitos; ofertados pola Concellería de Xuventude.

Este tipo de obradoiros mediante unha metodoloxía dinámica e participativa trata de realizar un labor, que consideramos de grande importancia, para a promoción de actitudes positivas.

Destinado a previr situacións de violencia e sensibilizar aos adolescentes sobre coeducación e igualdade de xéneros, fomentando o respecto e a tolerancia. Desenvolvendo actitudes de cooperación, intercambio, diálogo e comunicación.

Finalidade: impulsar actitudes positivas ante os problemas das relacións humanas, favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e a responsabilidade na resolución dos problemas e conflitos colectivos.

 Xoves, 08 xan Xoves, 15 xan Xoves,
22 xan
 Xoves,
29 xan
08:50 a 09:401º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST

 

 Luns, 12 xan Luns, 19 xan Luns,
26 xan
 Luns, 02 feb
10:30 a 11:201º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI 

 

 Luns, 02 marzo Luns, 9 marzo Luns,16 marzo  Martes,24 marzo
10:30 a 11:20      1º ESO-B
11:50 a 12:401º ESO-B 1º ESO-B 1º ESO-B  

 

 Luns, 02 marzo Luns, 9 marzo Luns,16 marzo  Martes,24 marzo
11:50 a 12:40      1º ESO-A
16:20 a 17:101º ESO-A 1º ESO-A 1º ESO-A  

Rutas literarias

28/01/2015 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos de Medo no Museo

 

Día:          28 de xaneiro   
Organiza:  Dpto. de Lingua Galega e Dinamización Lingüística
Hora:       10:00 h.
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO e 4º PDC


 

Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.

Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Blog do Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo Información do libro na rede

Visita á Aula da natureza de Chelo - río Mandeo - Coirós

18/12/2014 08:50
18/12/2014 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Aula da natureza de Chelo
 Día:         18 de decembro
Hora:       08:50 ás 14:20
Lugar:      Río Mandeo - Coirós
Para:        3º ESO
Organiza:  Dpto. CCNN

Alumnado de 3º da ESO do IES Muralla Romana realizará unha visita guiada pola Aula da natureza de Chelo, no río Mandeo en Coirós. Aula equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Nela poderán aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.

Contarán cun guía,  educador ambiental, para informar ao alumnado sobre calquera dúbida relacionada cos contidos que na aula se tratan.

Para chegar ata alí farán senderismo a carón do río Mandeo, polo que deberán levar calzado cómodo e indumentaria de abrigo apropiada.

Aula da natureza de Chelo  

Programa de Desenvolvemento Creativo do MAC

18/12/2014 08:50
18/12/2014 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: XOGAR CO ESPAZO
 Día:         18 de decembro
Hora:       08:50-11:20 (A)
               11:50-14:20 (B)

Lugar:      Aula- S.A./patio
Para:        1º ESO

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) leva a cabo este Proxecto de Desenvolvemento Creativo do que beneficiarase o alumnado de 1º da ESO do noso instituto. Trátase dunha convocatoria extraordinaria, vencellada ao 25 aniversario da Mostra internacional Gas Natural Fenosa.

O taller que nos ofrecen é "Xogar co espazo", unha proposta do artista e fotógrafo Rubén Panete, un artista que traballa con tecnoloxías móbiles, xeoposicionamento e percepción espacial.

Os rapaces poden levar:

- teléfono móbil con batería cargada, 200 MB de espazo en memoria libre e uso de datos, con cámara; aplicación "My Tracks" instalada no terminal.

- Cámara fotográfica dixital con batería cargada e espazo libre na memoria.

 

Sesión de cine: A ESMORGA.

17/12/2014 09:30
17/12/2014 12:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  Sesión de cine - A ESMORGA
 Día:         17 de decembro
Organiza:  Dpto. L. Galega e EDNL
Hora:        09:30-12:30
Lugar:      Cine de AS TERMAS
Para:        4º ESO, 1º e 2º BAC

Alumnos/as de 4º de ESO e os/as de Bacharelato asistirán á proxección da película "A ESMORGA", nos cines das Termas.

Sinopse: Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.
 
Baseada no libro de Eduardo Blanco Amor, de lectura obrigatoria para o alumnado.
 

Teatro: Coopérate a cargo de Os 7 magníficos máis 1

15/12/2014 16:20
15/12/2014 18:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Coopérate! Obra teatral
 Web da compañia de clown Os 7 magníficos máis 1

Día:          15 de decembro
Organiza:   Orientación
Hora:        16:20-18:00
Lugar:       Salón de Actos
Para:         3º e 4º da ESO

A obra teatral Coopérate forma parte do programa de divulgación do cooperativismo no ensino regrado, que promove a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, en colaboración coa UCETAG.

Dirixida a estudantes da ESO, Coopérate! é un espectáculo cómico e didáctico que emprega a linguaxe dos rapaces e rapazas e que, dun xeito ameno, sinxelo e directo, expón as vantaxes de cooperativismo como forma de vida, ferramenta de relación e, nun futuro, como saída laboral.

Coopérate! é unha montaxe teatral orixinal creada e dirixida por Avelino González, producida por Culturaactiva Sociedade Cooperativa Galega e promovida e financiada pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia.

A representación teatral a cargo de Os 7 magníficos máis 1, está protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei.

Máis información:

Web de Culturaactiva  Enlace externo
Web de Os 7 magníficos máis 1  Enlace externo

Charlas: Intervención nos Centros Escolares

CHARLAS - PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS

As temáticas solicitadas para o noso instituto son as seguintes:

CartelNOVAS TECNOLOXÍAS: Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual "child grooming", ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles "sexting", venta de nenos, prostitución infantil e utilización dos nenos na pornografía. Luns 3.

ACOSO ESCOLAR: Consecuencias do acoso escolar nos que o padecen, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo. Luns 10.

CANCELADA! BANDAS XUVENÍS: Problemática relacionada con bandas xuvenís, condutas incívicas e vandálicas, racismo, xenofobia e intolerancia, violencia contra a comunidade escolar nos centros. Luns 17.

Enlace de interese:  Tríptico dirixido ao alumnado

HorarioHORARIO NOVEMBRO

 Luns. 3 Luns,  10 Luns,  17
16:20 a 18:001º ESO 2º ESO  

3º ESO

4º ESO
cancelada! 

Salón de Actos

Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.

21/11/2014 11:30
21/11/2014 14:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.
 Día:         21 de novembro
Hora:       11:30 ás 14:00
Lugar:      Produtora Fundación TIC
Para:       1º Bach

 

Xornada na que os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato visitarán a Produtora da Fundación TIC e realizarán a gravación dun informativo con noticias reais, TICodiario, e coñecerán de primeira man os ciclos de Realización e Produción que imparte a EIS (Escola de Imaxe e Son) de Lugo.

TICODIARIOS da Fundación TIC en Youtube  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut