Skip to Content
Fachada do instituto

SOLICITUDE DE ADMISIÓN - CURSO 2021/2022

SOLICITUDE DE ADMISIÓN - CURSO 2021-2022

Centros adscritos: CEIP Albeiros - CEIP Paradai

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de reserva no centro de adscrición, e configurada a oferta de prazas neste IES Muralla Romana para o curso 2021/ 2022, informamos que:  

Non hai prazas suficientes para todo o alumando que formalizou reserva, polo que deberán presentar solicitude de admisión no seguinte prazo:  

1  ao 22 de marzo, ambos incluídos  

As solicitudes deberán presentalas: 

1- A través da aplicación admisionalumnado

2.- ou presencialmente nas oficinas do IES Muralla Romana empregando o anexo II. 

Para acceder ao ANEXO II (galego), prema aquí. 

Para acceder ao ANEXO II (castelán), prema aquí.

Máis información consultando este  ENLACE

Premendo nesta ligazón pode ler o manual para familias sobre como crear a solicitude.

 

REPRESENTACIÓN MATRIOSKAS

03/03/2021 10:25
03/03/2021 11:15

Lembrando o día 8 de marzo, ao longo deste mes realizaranse diferentes actividades para visualizar o papel da muller na sociedade. 

Contamos con Marta Ortíz e Sofía Espiñeira da compañía Charlatana s coop galega que representarán MATRIOSKAS.  Pódese consultar información sobre o espectáculo, premendo aquí. 

LUGAR: salón de actos 

DÍA: 3 DE MARZO 

HORARIO: 10:25H- 11:15H 

CURSOS: 1ºBAC e 2ºINFOFI E 2º PEIEST 

 

Lémbrase que a realización desta actividade está suxeita á situación imposta pola Covid-19 para esa data. 

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA ABRIL-XUÑO E ELECCIÓN DE EMPRESAS PARA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

A esta reunión deberán asistir todos/as os/as estudantes do ciclo medio e superior que acceden á FCT (independentemente de que xa teñan unha empresa ou non) e todo o profesorado titor destes/ destas estudantes. 

ASISTENCIA OBRIGATORIA (*) 

DÍA: 22/03/ 2021

HORA: 10:00H

(*) PARA: alumnado que realice a FCT EN abril-xuño

CALENDARIO SEGUNDA AVALIACIÓN CURSO 2020-2021

18/03/2021

As sesións da segunda avaliación  do curso 2020/2021 levaranse a cabo durante os días 18, 22, 23, 24 de marzo e 15 se abril.

No seguinte enlace pódese consultar o calendario: 2ª AVALIACIÓN 2020/2021.

 

CHARLA SOBRE O USO SEGURO E RESPONSABLE DE REDES SOCIAIS

18/02/2021 10:25
18/02/2021 12:40

RELATOR: Raúl Ordóñez da empresa Sherpa. Cultura digital.

DÍA: 18 DE FEBREIRO 

HORARIO E CURSOS:  

10:25H - 11:25H     1ºESO A- B 

11:40H - 12.40H     1ºESO C- D 

Lugar: Salón de actos 

Premendo na imaxe poderedes ver as fotos da actividade de hoxe. GRAZAS, Raúl por compartir toda esa información con nós!

acceso ao álbum

 

XORNADA FORMACIÓN- MESOTERAPIA

05/02/2021 09:00
05/02/2021 14:00

Demostración dun aparato de Mesoterapia virtual e explicación de tratamentos e técnicas. 

RELATORA: Natalia, formadora de Germaine de Capuccini. 

DÍA 5 de febreiro

HORARIO:  90:00H- 14:00h

DESTINATARIOS: alumnado de 1ºESIMBE, ESBE, 2ºESIMBE

Esta actividade realizarase respectando a capacidade permitida, a ventilación, e todo o protocolo requerido pola Covid-19. 

Imaxes da demostración. 

imaxe imaxe

I CONCURSO LUCUS INTRACLASE

Como este curso, por mor da Covid-19 non se poderá realizar o recoñecido "Lucus Intercentros", o alumnado de 2º curso de Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, decidiu celebrar outro concurso que leva por título, "I Lucus IntraClase".  

Este acto terá lugar o día 8 de febreiro de 2021 ás 13.00h no salón de actos do centro. 

cartel

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC E PROBAS ABAU

14/01/2021 12:30
14/01/2021 14:10

Esta charla, que forma parte do programa A Ponte, será impartida polo profesor Francisco Rodríguez Lestegás e está dirixada ao alumnado de 2ºBAC. 

DÍA: XOVES, 14 DE XANEIRO

HORARIO: 12.30H - 14.10H

LUGAR: salón de actos 

Organiza: departamento de orientación 

momento da charla momento da charla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut