Skip to Content

VISITA A EXPOURENSE

Visita realizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección o día 2/11/2023 a Expourense, con motivo da 24ª edición da Feira Internacional Xantar, na que puideron comprobar de xeito práctico a realización dun evento corporativo, presenza de stands, transmisión da imaxe corporativa das empresas, etc.

 

XOGOS NO MAGOSTO

O pasado martes 31 o alumnado de 1º de ESO desfrutou dunha entretida xornada   organizada polo Equipo de Convivencia, na que  participaron, coa axuda do profesorado, en varias actividades ao aire libre, xogos no pavillón e no patio, kahoots  do Samaín na biblioteca e para rematar, que mellor ca un MAGOSTO!!

 Preme nas imaxes!!

O SAMAÍN DO MURALLA ROMANA

O Muralla Romana converteuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos/as!

Se premes nas imaxes veralas mellor!!

GALICIASKILLS 23-IMAXE PERSOAL

O 25 de outubro o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de PECOCA (Imaxe persoal) desprazáronse ata a localidade de Silleda para participar na exhibición que os alumnos/as participantes, na competición de GaliciaSkills 23, ofreceron ao alumnado de ciclos formativos de toda Galicia dentro da familia de imaxe persoal.

 Coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González e da Directora Xeral de Formación Profesional, M.ª Eugenia Pérez Fernández ,Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia. 

 *para ver mellor as imaxes preme nelas

FESTA DO MAGOSTO 31 OUTUBRO

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do día das bibliotecas queremos compartir convosco unhas imaxes da nosa biblioteca. Coa colaboración do alumnado de ASIDIR, o equipo da biblioteca organizou unha actividade de formación de usuarios: o alumnado de 1º da ESO descubriu como funciona a biblioteca e os fondos e recursos que esta lle ofrece. Pero tamén queremos inculcar neles o amor polo libros e a lectura.

* Para ver mellor as imaxes preme nelas.

EN MARCHA PARA O CORRELINGUA!!

Como adianto do Correlingua, o pasado venres día 20 de outubro o alumnado de 2º ESO puido participar na redacción do seu manifesto a través do obradoiro "Desata a lingua" coa escritora Ana Carreira.
En primeiro lugar, a autora leu o manifesto do curso anterior que levaba o título "Na casa, na escola, bota a lingua fóra!". A continuación, os grupos de traballo escolleron imaxes e frases de inspiración para redactar algúns puntos para o próximo manifesto. Despois de escribilos, terían que colocar as imaxes, frases e as súas creacións nunha cartulina.
O resultado deste obradoiro xuntarase cos realizados noutros centros galegos e lerase no Correlingua, que terá lugar na terceira avaliación polas rúas de varias localidades e ao que asistiremos.
 

      

       

  

SAMAÍN SCARY BOX

SAMAÍN II CONCURSO DE CONTOS DE TERROR

 

ALUMNADO DE SEGUNDO CURSO DOS CICLOS SUPERIORES DE INFORMÁTICA VISITAN "GALICIA TIC"

 

 O xoves 19 de outubro, o alumnado de segundo curso dos ciclos superiores de informática asistiu ao evento "Galicia TIC" onde puideron darse a coñecer e falar persoalmente con diferentes empresas do sector da informática e as comunicacións. Despois asistiron as charlas impartidas por profesionais do sector.

Distribuir contido


by Dr. Radut