Skip to Content

Asistencia á representación da obra teatral "Pelos na lingua"

25/10/2017 08:00
25/10/2017 19:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Pelos na lingua".
 Cartel da obra teatral Pelos na linguao

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:
 

25 de outubro
Dpto. Lingua Galega
08:50-19:30 (aprox)
Santiago de Compostela
4º ESO  A e B

O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Pelos na lingua, da compañía Talía Teatro.

Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Avelino González.

Unha comedia estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega; tratando o tema dun xeito irónico, sarcástico e retranqueiro.

É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística: os múltiples e variados prexuízos lingüísticos, a relación lingua-mocidade... A finalidade é a reflexión do alumnado.

Máis información Web de Talía Teatro

Os alumnos tamén visitarán ó Museo do Pobo Galego.



event | by Dr. Radut