Skip to Content

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS-UNIferia

Coa finalidade de que poidades informarvos sobre aquelas titulacións do voso interese, achéganse as ligazóns para acceder á visita, así como outra información complementaria. 

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos futuros estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 2021-22

HORARIO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

O persoal do Servizo de Estudantes estárá pendente  para solucinarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

Funcionará como unha Feira Universitaria presencial (premendo aquí poderás velo) pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

A Universidade da Coruña (UDC) terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que o alumnado coñecerá de primeira man a súa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, achegarase á Vida Universitaria que lle espera e poderá consultar as dúbidas que teña de notas de corte, entre outros temas. 

Para coñecer a relación de Graos que se imparten na UDC e a Vida Universitaria, debedes premer aquí.

 

 

 



page | by Dr. Radut