Skip to Content

Charla informativa para alumnado de 2º BAC que obtén o título na convocatoria de xuño

Dende o Departamento de Orientación convócase a unha charla informativa sobre continuación de estudos, para o alumnado de 2ºde BAC que obteña o título na convocatoria de xuño.

Será  o próximo martes 9 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do centro. Para poder acudir é preciso confirmar á asistencia mediante o seguinte correo electrónico orientacion.1920.confinamento@gmail.com indicando o nome e apelidos da alumna e do alumno que asista. 

O prazo para anotarse é ata o luns, 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Prégase para a asistencia que se cumpran estritamente coas medidas sanitarias indicadas polo Centro.


Na seguinte foto podedes ver uns momentos da charla. 

Momentos da charla

 

PARABÉNS A TODOS E A TODAS, E MOITA SORTE NO CAMIÑO QUE COMEZADES! 

 



page | by Dr. Radut