Skip to Content

O grupo de contacontos do club de lectura celebra o Día da Paz co alumnado do CEIP Paradai

30/01/2020 11:30
30/01/2020 14:00

Coas súas historias, contos, pezas de teatro...amosarán que a PAZ é o mellor tesouro que as persoas podemos compartir. 

ORGANIZA: Club de lectura
ALUMNADO: grupo de contacontos de "Lecturas e andanzas"
HORARIO: saída do centro ás 11:30h   Regreso: +/-14.00h

Bieito, Sara P., Zaida, Antonio, Lucía, Candela, José Ramón, Lorena, Ainhoa, Valeria, Jennifer V., Noemí, Aroa e Noa; en representación do club de lectura, e do centro, amosáronlle ao alumnado do CEIP Paradai que: " A paz é un tesouro que todas as persoas temos que compartir". 

(Cremos que as seguintes imaxes proban que ese tesouro será compartido.) 

Agradecemos a toda a comunidade educativa do CEIP Paradai a súa acollida.

    

Que todas as ilusións e soños se cumpran para conseguir un mundo mellor. Un mundo no que tan só reine: a PAZ!  

 



event | by Dr. Radut