Skip to Content

Viaxe a Mérida

05/04/2018 08:50
07/04/2018 21:00

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

VISITA A  MÉRIDA E SEVILLA

Sevilla

Días:       5 ao 7 de abril
Para:       4º ESO e 1º BAC. Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia, na que os alumnos/as de 4º ESO e 1º BAC realizarán o seguinte percorrido. 

ITINERARIO:

XOVES 5

Saída hacia Mérida desde o centro, a onde chegarán pola tarde e onde realizarán unha visita guiada pola cidade.Comida en ruta por conta do alumnado (poderán levar bocata da casa)

VENRES 6

Almorzo no hotel e logo partirán cara Sevilla. Chegarán pola mañá e realizarán un paseo en barco polo Guadalquivir. Pola tarde visitarán a cidade acompañados dun guía. Comida e cea por conta dos alumnos/as

SÁBADO 7

Almorzo no hotel. Xornada de regreso cara Lugo, con parada en Salamanca, onde realizarán unha visita panorámica da cidade. Comida por conta dos alumnos/as

 

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI para realizar as visitas guiadas. Tamén é conveniente levar a tarxeta sanitaria.

 



event | by Dr. Radut