Skip to Content

Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín

07/05/2018 08:45
07/05/2018 20:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín

Día:          7 de maio
Organiza:  Dpto. Relixión
Hora:        08:45-20:30
Lugar:      Santiago/Marín
Para:        1º e 2º ESO (Relixión)

Lembra levar roupa cómoda, tenis e a comida.

Alumnado de Relixión do primeiro ciclo da ESO farán unha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parque Multiaventuras de Marín.

Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer e apreciar a arte relixiosa;
- Fomentar a actividade física e as relacións con alumnos e alumnas doutros centros da provincia.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
 - Saída do instituto
 - Visita á Catedral de Santiago
 - Saída para Marín
 - Comida (a deben levar da casa)
 - Disfrute do Parque Multiaventuras de Marín
 - Saída para Lugo
- Chegada a Lugo (sendo que a viaxe rematará fóra do horario escolar, cómpre que os pais e/ou as nais tomen as medidas que consideren oportunas de cara a recoller aos seus fillos).



event | by Dr. Radut