Eventos
Dom | ||
---|---|---|
Start: 17/05/2020 00:00
Iria Liñares, alumna de 1º de Bacharelato, premiada cun ACCÉSIT no X Concurso Europeo de Marcapáxinas. Ao concurso preséntanse cada ano centos de marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Carvalho Calero. A finalidade deste proxecto é promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación. Desde aquí desexámoslle os nosos parabéns a Iria Liñares polo seu excelente traballo; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes tipo de proxectos educativos. Nestas imaxes está o marcapáxinas realizado por Iria e que mereceu a mención no concurso deste ano. |