Skip to Content

Eventos

Xoves Xaneiro 09, 2020
Start: 09/01/2020 20:00
End: 09/01/2020 21:00

REUNIÓN INFORMATIVA COS E COAS INTERESADOS/AS NA VIAXE DE ESTUDOS, que realizará o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC, A ÁMSTERDAM.

DÍA: 9 DE XANEIRO

HORARIO: 20.00H

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

Máis información pinchando aquí. 

 

 

Xoves Xaneiro 16, 2020
Start: 16/01/2020 08:50
End: 16/01/2020 20:00

Visita á empresa de cosméticos IUVENOR e balneario de Laias. 

ORGANIZA: departamento de Imaxe Persoal 

CURSOS: 1ºESINBE e 1º e 2ºESBE. 

HORARIO: saída do centro ás 8:50h e regreso ás 20.00h

 

Venres Xaneiro 17, 2020
Start: 17/01/2020 11:00
End: 17/01/2020 14:00

Cartel  Concurso LUCUS INTERCENTROS en pdf
CARTEL pdf     BASES pdf

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Sorteo - eliminatorias cuartos de final
16/01/2020

Acta do sorteo pdf       O sorteo en vídeoVídeo


IX Concurso LUCUS INTERCENTROS en diferido

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Clasificación pdf       Emisión en diferidoVídeo


Luns Xaneiro 20, 2020
Start: 20/01/2020 12:00
End: 20/01/2020 13:00

Da literatura ao cinema. Do conto ao filme, pasando polo guión. " O pai de Migueliño". 

(Actividade pedagóxica-cultural de ÁBRAGO FILMES.)

ORGANIZA: departamento de L. Galega

CURSOS: 3º ESO A-B e 4ºESO A-B

HORARIO: 12.00H- 13.00H 

LUGAR: salón de actos.  

  

 

 

 

Martes Xaneiro 21, 2020
Start: 21/01/2020 11:50
End: 21/01/2020 14:00

Asistencia á representación teatral en francés da obra Quasimodo, a cargo da compañía Bohème Théâtre. 

ORGANIZA: departamento de francés

ALUMNADO ao que vai dirixida: 3ºESO A- B, 1ºBAC e 2º ASIDIR. 

HORARIO: Saída do centro ás 11.50h.       Regreso: 14.00h

LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Logo de asistir á representación, só nos queda dicir: "Quasimodo, une pièce magnifique! Félicitations!! 

Quasimodo, a cargo de Bohème Théâtre Quasimodo, a cargo de Bohème Théâtre Quasimodo, a cargo de Bohème Théâtre

 

 

Mércores Xaneiro 22, 2020
Start: 22/01/2020 11:30
End: 22/01/2020 13:30

Representación teatral: Class of vampires


ORGANIZA: Departamento de inglés 

ALUMNADO: 2º ESO A- B e PMAR, 3ºESO A- B e PMAR, 4ºESO A-B 

HORARIO: 12.00h- 13,30h.   ( Saída do centro ás 11.30h) 

LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire  

Esta actividade estaba prevista para o día 10, pero por motivos alleos a nós, os organizadores aprazárona para o mércores 22 de xaneiro. 

 Como amosan as imaxes seguintes: éxito total. 

  

 

 

 

Martes Xaneiro 28, 2020
Start: 28/01/2020 10:30
End: 28/01/2020 14:20

Emilio Varela: Atlantis, a ciencia do mito. 

ORGANIZA: deptos bioloxía e xeoloxía e latín e grego. 

ALUMNADO: 4ºESO A- B, 1ºBAC e 2ºBAC.

HORARIO: 10,30h- 14,20h 

LUGAR: salón de actos 

Así resume o alumnado esta actividade: 


"Engaiolante, totalmente sorprendente e... curiosa! Vai facer que a todos e todas nos guste máis o que estamos estudando. Emilio contaxiounos o seu espírito de aprendizaxe".



  

 

 

 

Mércores Xaneiro 29, 2020
Start: 29/01/2020 11:45
End: 29/01/2020 13:30

Asistencia á representación teatral: Poeta en Nova York,  da produtura Paloma Lugilde e coproducida co Centro Dramático Galego. 

ORGANIZAN: departamentos de L. Castelá e L. Galega

ALUMNADO ao que vai dirixida: 1º e 2ºBAC

HORARIO: 11.45h-13.30h 

LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Xoves Xaneiro 30, 2020
Start: 30/01/2020 11:30
End: 30/01/2020 14:00

Coas súas historias, contos, pezas de teatro...amosarán que a PAZ é o mellor tesouro que as persoas podemos compartir. 

ORGANIZA: Club de lectura
ALUMNADO: grupo de contacontos de "Lecturas e andanzas"
HORARIO: saída do centro ás 11:30h   Regreso: +/-14.00h

Bieito, Sara P., Zaida, Antonio, Lucía, Candela, José Ramón, Lorena, Ainhoa, Valeria, Jennifer V., Noemí, Aroa e Noa; en representación do club de lectura, e do centro, amosáronlle ao alumnado do CEIP Paradai que: " A paz é un tesouro que todas as persoas temos que compartir". 

(Cremos que as seguintes imaxes proban que ese tesouro será compartido.) 

Agradecemos a toda a comunidade educativa do CEIP Paradai a súa acollida.

    

Que todas as ilusións e soños se cumpran para conseguir un mundo mellor. Un mundo no que tan só reine: a PAZ!  

 

Venres Xaneiro 31, 2020
Start: 31/01/2020 10:30
End: 31/01/2020 11:20

Charla: " Explotación de recursos naturais na RD Congo"

RELATORA: Rosa María de los Reyes

CURSOS: 3ºESO A- B (alumnado de relixión) 

Aberto a todos os cursos que desexen asistir. 

ORGANIZA: Departamento de relixión.

HORARIO: 10.30-11.20H

LUGAR: salón de actos 

  

Información de interese

Entrevista a Rosa María de los Reyes en El Progreso: Rosa María de los Reyes: "Hay niños expulsados de sus familias por creer que son brujos" 

Luns Febreiro 03, 2020
Start: 03/02/2020 18:00
End: 03/02/2020 21:00

O dept. Imaxe Persoal segue colaborando coa EASD Ramón Falcón. 

Actividade: MAQUILLAXE, PEITEADO E FOTOGRAFÍA 

CURSOS: 1º ESBE ( maquillaxe) e 2ºPECOCA ( peiteado) 

DÍAS: luns 3 e 17 de febreiro 

HORARIO: 18:00h - 21:00h   ( saída do centro ás 17:30h)

Como proba o seguinte álbum fotográfico, a experiencia vivida o día 3 foi totalmente gratificadora. 

[Ver álbum fotográfico completo]

As fotografías da segunda sesión (17 de febreiro) amosan que a colaboración seguiu resultando do máis positiva para os/as participantes, como podedes ver no seguinte enlace. 

[Ver álbum fotográfico ]

Distribuir contido


by Dr. Radut