Skip to Content

Eventos

« Luns Maio 14, 2018 »
Lun
Start: 14/05/2018 08:50
End: 14/05/2018 19:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA a GADISA
 Visita a GADISA

Día:         14 de maio
Organiza:  Dpto. Administración
Hora:       08:50-19:00
Lugar:      GADISA (Betanzos)
Para:        1º XEAD

 

Alumnos/as de 1º do ciclo medio de Xestión Administrativa, realizarán unha visita ás instalacións centrais de "Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A" (GADISA), en Betanzos.

Nesta visita guiada terán unha moi boa oportunidade de coñecer o almacén e de ver como é o proceso de xestión, recepción, colocación e expedición das mercadorías; así como a súa distribución a través das distintas liñas de negocio integrados en Gadisa.

Esta actividade englóbase dentro do proceso da aprendizaxe e formación do alumnado, considerándola da grande interese, ao ser GADISA unha empresa líder no sector e un dos piares na distribución e comercialización da produción agrícola gandeira galega.

Comentar que é unha empresa co cen por cento de capital autóctono, que conta con supermercados propios, almacenistas, franquías, centros comerciais e hipermercados, centro de produción de comida rápida, e súper on line. O seu ámbito territorial de actuación abrangue Galicia e Castela León, e é membro accionista de IFA española. Con máis de 400 establecementos propios, que dan emprego a máis de 5000 traballadores. Cunha facturación superior aos 800 millóns de euros. Ademais defínese como unha empresa sostible, implicada co reciclado e o coidado do medio.

Completarán a súa viaxe cunha visita guiada pola cidade vella de A Coruña.

Distribuir contido


by Dr. Radut