Skip to Content

Eventos

« Venres Abril 20, 2018 »
Ven
Start: 20/04/2018 08:45
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A MADRID
 

Días:       20 e 21 de abril
Para:       3º ESO - Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

Venres, 20 de abril

08:45 h - Saída de diante do instituto cara Madrid.

Visita guiada á Catedral da Almudena e ao Madrid dos Austrias. Visita á sede central de "Mensajeros de la Paz".

Despois, farán unha pequena visita pola cidade e gozarán de tempo libre pola tarde, antes de transladarse ao hotel.

Comida e cea por cnta dos alumnos/as.

Sábado, 21 de abril

Almorzo no hotel. Traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.

Día de regreso a Lugo. Hora estimada de chegada 23:30 h.

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI para realizar as visitas guiadas. Tamén é conveniente levar a tarxeta sanitaria.

 

Axencia: Halcón Viajes - Monforte de Lemos

Distribuir contido


by Dr. Radut