Mercadillo Navideño

Un Nadal máis solidario que nunca ... Estes días no  hall do IES de Monterroso podemos atopar un alegre mercadillo navideño de cousas usadas

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Este ano conmemoramos o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a ritmo dun coñecido rap do noso admirado Chojin interpretado por Ismael, Andry, Kevin e Michael. A letra fainos reflexionar sobre o tema do racismo:

A Constitución

A partir da vindeira semana nos corredores e escaleiras do IES poderemos contemplar unha exposición dentro do marco da conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Patagonia Express

A próxima parada do club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" é "Patagonia Express" do autor chileno Luis Sepúlveda, xa un coñecido dos lectores, pois o curso pasado lemos a súa obra "El viejo que leía novelas de amor".

50 anos da publicación de "Memorias dun neno labrego"

Estes días no IES de Monterroso podedes contemplar unha exposición sobre as portadas e ilustracións de "Memorias dun neno labrego" ao longo dos xa 50 anos dende a publicación desta obra clave da narrativa galega do XX.

Mes da Ciencia: Sumario

Aquí tedes un pequeno clip interactivo 'flash' cun resumo do Mes da Ciencia no IES de Monterroso: actividades, fotos, reportaxes, enquisas ... non volo perdades

Almorzos americanos

No recreo do luns 21 deste mes podedes disfrutar dun exquisito almorzo americano no Salón de Actos.

Música contra a violencia de xénero

O vindeiro venres 25 deste  mes, á hora do recreo no Salón de Actos do centro, o alumnado de 1º BAC e 4º ESO interpretará temas musicais en directo con motivo da conmemoración "Día contra a violencia de xénero".

Informacións de interés para os alumnos de BAC

O departamento de Orientación achéganos dous documentos con información relevante para o alumnado de bacharelato

Conferencia para familias do programa Abalar. Curso 2011/12

O día 8 de novembro no Salón de Actos do IES de Monterroso ás 20:00 horas. Un técnico informático enviado pola Consellería de Educación informará das novas aplicacións informáticas do programa Abalar ás familias do alumnado de 1º e 2º da ESO.

Máis información nos documentos adxuntos e a continuación:

Distribuir contido