Cultura e territorio

O 22 de xuño, o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu no Salón de Actos do centro a actividade "Vencellamento entre cultura e territorio" a cargo de ADEGA. Os obxectivos da actividade foron analizar as razóns polas cales o territorio evoluciona e cambia co tempo e indagar sobre a historia da comarca e as características das sociedades nas que viviron os nosos ancestros.

ADEGA

A actividade incluiu un xogo de simulación onde se prantexaba a resolución dun problema ou conflito tocante ao territorio mediante a toma de decisións consensuada.