Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: A Santa Compaña e Santo André de Teixido

Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO B Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González.

IES Monelos. Cociña de outono 2023

 Concurso de cociña organizado polo EDLG do IES Monelos (26/10/2023)

Relato humorístico para tempo de defuntos: A alma en pena de Fiz Cotovelo

 Programa de Radio Monelos sobre un relato do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez  "O bosque animado".

A locución foi realizada pol@s alumn@s Valentín Monzón Regueira (3º ESO), Yelina Dopico López e Sofía Regueiro Seoane (4º ESO).

Fotograma da película de José Luis Cuerda El bosque amimado (1987)

BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2023

Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro. 

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato). 

SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 

CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 

QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 

SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €. 

SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 23 de outubro e remata o día 10 de novembro de 2023. 

OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 24 de novembro de 2023. 

NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 

DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases. 

Radio Monelos: programa sobre o músico galego Narf

Programa elaborado pol@s alumn@s Álvaro Cardalda Sánchez (4º ESO A) e Noa Vázquez Fuertes (2º ESO A)


 

Algúns traballos do artista: Autobiografía, Encontrarte, Labirinto dos soños e Sempre en Galiza.

Radio Monelos: programa sobre o Centenario do Seminario de Estudos Galegos

Programa de Radio Monelos elaborado polas alumnas de 3º ESO A Catalina Bago Pérez e  Sabela García Blanco. 

Máis información: unha iniciativa do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co apoio da Unidade Cultura Científica CSIC Galicia.

As pioneiras do Seminario  

As mulleres do Seminario  

As publicacións do Seminario  

As Xeiras do Seminario  

O Reloxo do Seminario  

A Iguana do Seminario  

Ciencias Naturais no Seminario  

A Correspondencia do Seminario

 
 

III Concurso IES Monelos de Cociña de Outono

Organizado polo EDLG Bases do concurso 

1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro. 

2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 26 de outubro no corredor de entrada do centro. 

3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego. 

4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante. 

5. O primeiro premio terá un valor de 30 €. 

6. O segundo premio terá un valor de 20 €. 

7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores. 

8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro. 

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 


 

Reunión de constitutución do EDLG do IES Monelos


 

Predición meteorolóxica para A Coruña do 13 ao 20 de Xuño

 Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro.

Predición meteorolóxica para A Coruña do 6 ao 13 de xuño

 Predición elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro.

Distribuir contido


by Dr. Radut