Skip to Content
 

HISTÓRICO, CURSO 2016-17, CURSO 2015-16, CURSO 2014-15, CURSO 2013-14, CURSO 2012-13, CURSO 2011-12, CURSO 2017-18

Charla informativa sobre enxeñerías en Lyon

12/03/2010 12:10
12/03/2010 14:00

Este venres 12 de marzo terá lugar na sala Xurxo Lobato do IES Monelos, unha charla infromativa sobre o estudo de enxeñerías en Lyon (Francia). As familias que queirades asistir estades invitadas.

TEATRO CLÁSICO EN LUGO

09/03/2010 08:30
09/03/2010 20:00

Os alumnos de Latín, Grego, Cultura Clásica e Literatura Universal viaxarán a Lugo onde realizarán algunhas visitas culturais e asistirán a unha representación de As Troianas de Eurípides.

CONCURSO ODISEA 2010

10/02/2010 16:30
10/02/2010 19:30

Dous equipos do IES Monelos participarán no desempate do Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, que terá lugar no IES Elviña de 16.30 a 19.30.

Antroido 2010

12/02/2010 12:10
12/02/2010 14:10

Gran concurso de disfraces. Podedes participar todos os grupos

 

 

Visita a unha exposición

11/02/2010 10:30
11/02/2010 13:20

Alumnos de Ética e Filosofía do Dereito, asistirán á exposición "Mulleres espello de culturas" acompañados polo profesor Pedro Feal.

 

 

Conferencia sobre os trasplantes

22/01/2010 12:30
22/01/2010 13:30

Alumnos de 1º Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre trasplantes;está organizada polo Departamento de Ciencias e será impartida por persoal do CHUAC.

 

ont

 

Contacontos en inglés e en galego.

19/01/2010 14:59
Profesores do Departamento de inglés, organizan para alumnos de 1º, 2º e 3º ESO, unha sesión de contacontos en inglés e en galego (simultaneamente).

Visita ao museo de Emilia Pardo Bazán.

18/01/2010 09:20
18/01/2010 11:30

Alumnado de 4º ESO B acompañado polas profesoras Margarita Bejar e Victoria Acebal, visitarán a casa-museo de Emilia Pardo Bazán.

 

 

Olimpiada de matemáticas

15/01/2010 08:30
15/01/2010 20:00

As profesoras Alicia Pedreira e Marisé Gómez, acompañan a alumnos de 2º Bacharelato que participan na Olimpiada matemática.

 

 

Ensaio da OSG

21/01/2010 10:30

Alumnos de 2º ESO A asistirán a un ensaio da OSG que terá lugar no Pazo da ópera. Interpretaranse as seguintes obras:

  • Plenilunio de R. Groba
  • Concerto para frauta de C. Nielsen 

Distribuir contido


by Dr. Radut