Skip to Content
 

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2020-2022

O pasado venres 27 de maio, celebrouse a cerimonia de graduación dos nosos alumnos/as da promoción 2020-2022 no Centro Ágora presentada por Nerea Leis e Pablo Ponte. Tras unhas palabras de benvida de Claudia Molina e Sabela Mosquera, os alumnos Celtia Suárez e Carlos Pérez interpretaron coa guitarra Blowin in the wind de Bob Dylan e Proud Mary de Credence. A continuación, a nosa  ex-alumna Tamara Pazos fíxonos pasar un moi bo momento cos recordos do seu paso polo noso instituto. O profesor  Jaime  Dorrego  Lobón falou en representación do profesorado de Monelos para a continuación os alumnos/as Marcos Besteiro, Álvaro Devesa, Xoel García, Álex López e Carlota Segura deleitarnos coa súa interpretación de  Rolling  in  the  Deep de  Adele e  Love  on  the  brain de  Rihanna. Seguidamente pasáronse os vídeos de recordos e o  lipdub (enlace ao vídeo) desta promoción, para finalizar coa entrega de mencións ás Matrículas de Honra e as  orlas e becas ao resto do alumnado. Moitas felicidades a todos e todas.

 



page | by Dr. Radut