Novas

CURSO 2020-2021

Dámosvos a benvida e este curso 2020/2021

No seguinte enlace atoparedes toda a información necesaria sobre normas básicas, horario de atención, ás familias, de todo o profesorado, organigrama do Centro, composición dos distintos Departamentos, órganos colexiados,.....

Esperando que vos sexa de utilidade, quedamos á vosa disposición para o que precisedes.

Preme nesta imaxe

 

 

 

VOLVAMOS AO INSTITUTO CON SENTIDIÑO

Para saber máis  da volta ao instituto co COVID 19 preme na ligazón

 

PRAZAS EN RESIDENCIAS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Orde do 29 de maio de 2020. DOG nº 111 do 9/6/2020. Convocatoria de prazas de residencias escolares para estudos postobrigatorios non universitarios.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN A 1º ESO

 Dada a situación tan especial deste fin de curso non podemos facer a acollida presencial do alumnado de primaria. Polo tanto témonos que valer de transmitirvos a información e a nosa benvida dun xeito virtual, para elo elaboramos un vídeo e tamén un caderniño cos datos que non parecen máis relevantes e necesarios para que podades facer a matrícula. De todas formas se tedes algunha inquedanza ou dúbida estamos á vosa enteira disposición para o que precisedes. 

PREME NAS IMAXES PARA VER O SEU CONTIDO

                                 

                                                                                    

AXUDA NO BENESTAR EMOCIONAL

PREME NA IMAXE 

Acompañamento no coidado do Benestar Emocional na Comunidade Educativa: Aumentando a nosa Resiliencia

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>

Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

PRAPARACIÓN EXAME DE CICLO GRAO MEDIO

Continuamos coa preparación do exame de acceso ao Ciclo de grao Medio (Data do exame: 28 de maio de 2020). Debedes facer simulacros de exame nun caderno e logo comprobade as solucións. Repasade os conceptos dos items fallados e controlade o tempo de cada exame, uns duran 60 minutos e outros 40 minutos. Calculade a nota que vos correspondería dacordo co baremo de cada proba.

 A continuación tedes a ligazón:

 Exames acceso a Ciclo Medio de anos anteriores

 

ORIENTACIÓN IES MONCHO VALCARCE. CUARENTENA CORONAVIRUS

#QUEDANACASA

Neste enderezo de correo electrónico as familias e o alumnado  poderán establecer comunicación educativa co Departamento de Orientación para o que necesiten

email: orientacion.monchovalcarce@gmail.com

A continuación achegamos unhas recomendacións para o alumnado e familias:

 

A partir do 23 de marzo polas mañás na Televisión:

"Aprendemos na casa"

CRTVG

Aprendizaxe en liña:

 

Distribuir contido