OLIMPIADAS DE XEOLOXÍA

O mércores 12 de febreiro os alumnos e alumnas de  1º Bach  de Bioloxía e Xeoloxía xunto aos estudantes de Xeoloxía de 2º Bach fomos de excursión a Viveiro para participar na XI Olimpíada de Xeoloxía. Pola mañá fixemos a parte práctica, que consistía numha xincana na que tiñamos que atopar lugares de interese de Viveiro e neles tiñamos que recoñecer fósiles e minerais, interpretar mapas topográficos e facer cálculos relacionados, etc...

Despois de comer fixemos a proba teórica que consistía nun tipo test de 40 preguntas, e finalmente fomos ao Teatro Pastor Díaz no cal participamos nun espectáculo de maxia mentres corrixían as nosas probas para logo proceder á entrega de premios.

Foi unha experiencia moi gratificante xa que aprendimos moito e pasámolo moi ben.