XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O día 12 de febreiro levouse a cabo unha xornadas de portas abertas para dar a coñecer entre o futuro alumnado do centro, o funcionamento interno do I.E.S. Moncho Valcarce así como as súas instalacións académicas e deportivas. Dita actividade ía dirixida aos pais , nais e futuro alumnado do centro. Ademais informouse das posibles variantes académicas polas que poden optar cada un deles para desenvolver o seu futuro profesional.