SAÍDA A SAN CIBRAO DE LÁS-OURENSE

 Voltamos un curso máis a este castro celta, xa que os cursos 2016/17, 2017/18 e 2018/19 xa realizamos esta interesante visita, e, dada a relevancia para coñecer a nosa historia e cultura, decidimos repetir.

A visita a esta cidade da cultura castrexa, situada en San Amaro.- Punxín (a 18 KM. de Ourense) iniciámola arredor das 11.45 a,m. despois dun percorrido de máis de dúas horas de media de traxecto dende o noso IES.

Despois do xantar, fixemos un percorrido polo casco histórico de Ourense: as Burgas, as rúas máis emblemáticas onde o alumnado tomou nota dos nomes de persoeiros ilustres galegos que se lles adican, a Catedral, Praza Maior….