CONCURSO DE MICRO-RELATOS

Con motivo do Samaín, desde a biblioteca, o club de lectura e dinamización convocouse un concurso de microcontos e ilustracións baixo o título “Microrrelatos de medo a partir dun whatsapp”. Os alumnos elaboraron unha historia dunha extensión máxima de cen palabras a partir de fragmentos a escoller (en galego e en castelán). O xurado, formado por alumnado de 2º de bacharelato, escolleu os gañadores. Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo.