TEATRO: "ELISA E MARCELA"

O dia 11 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a representación da obra de teatro “Elisa e Marcela” no cine Alovi, representada pola compañía “A panadería”. Na devandita obra cóntase a historia das coruñesas Elisa e Marcela, protagonistas do primeiro matrimonio entre mulleres que tivo lugar no pais en 1901 e a súa repercusión a nivel internacional.