DIA DO LIBRO: MERCADO SOLIDARIO

 

 

Entre o 12 e o 27 de abril de 2019 estase a celebrar na entrada do instituto un mercadiño solidario de libros de segunda man organizado pola Biblioteca do centro e o Club de lectura. O alumnado son os encargados de vender os exemplares. Ademais, engadirase un posto de venta de marcapáxinas elaborados polo alumnado de plástica. O diñeiro recadado doarase á ONG  Proactiva Open Arms.