AS PONTES, TERRA DE COGUMELO

 

Durante a mañá do mércores 3 de abril, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha andaina micolóxica polo Monte do Forgoselo, acompañados por dous expertos (Miño Guerreiro e Helio Baamonde) no reino fungi, pertencentes á Agrupación Micolóxica Poupariña. Durante a actividade, o alumnado adentrouse no reino fungi, aprendendo a identificar as principais características dos fungos e cogumelos, así como as especies máis características que poden atopar na súa contorna nestas datas. Esta saída é a primeira dun programa que finalizará o vindeiro curso, con outra andaina en outono, permitindo así ao alumnado comparar a diferencia de especies en función da climatoloxía. Agradecemos á asociación que contasen con nós para intoducirnos neste mundo tan diverso e importante que, moitas veces, pasa desapercibido.