VISITA A SOLOGAS E SOGARISA

 

O mércores 18 de outubro as/os alumnas/os de Tecnoloxía de 4º ESO e os de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º e 2ºBAC realizaron unha visita ás plantas de Sologas e Sogarisa nas Somozas. Na primeira puideron comprobar como a partir de refugallos procedentes de supermercados, excedentes da industria cosmética, restos de matadeiros... pódense obter materiais con valor engadido como compost, fertilizantes ou mesmo biogás, que coa próxima ampliación da planta, comezarase a comercializar como combustible para vehículos. En Sogarisa coñeceron o tratamento que se lles dá aos residuos industriais, na súa maioría procedentes das industrias farmacéutica e química, que deben ser transformados en residuos inertes antes de almacenalos nos vertedoiros cos que conta a empresa, que tamén puideron visitar, dous deles xa selados e o terceiro en proceso. Sen dúbida unha visita que nos serviu para concienciarnos da importancia de reducir o noso consumo e facelo de xeito máis responsable.