TEATRO CLÁSICO EN LUGO

 

O martes 8 de marzo o alumnado de Latín de 4ºB e de 1º e 2º Bac de Humanidades fixo una visita a Lugo, cidade de orixe romana. Percorrimos a muralla desde onde contemplamos o magnífico mural de Xulio César, recoñecido como o mellor grafiti do mundo de 2021 pola web especializada en arte urbana Street Art Cities. Despois, na Praza Maior, limos un Manifesto co gallo do Día Internacional da Muller, e finalmente asistimos a representación no Auditorio Gustavo Freire da traxedia de Eurípides, "Bacantes", realizada por la compañía de teatro Noite Bohemia.
¡Evohé! (grito das Bacantes para convocar ao deus Baco)