CHARLA: VIOLENCIA DE XÉNERO NAS RELACIÓNS DE PARELLA

 

A Terapeuta Ocupacional do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero (CRI),  impartiu  a charla: "Violencia de xénero nas relacións de parella na mocidade" dirixida ao alumnado de 4º de ESO. A través das reflexións das rapazas e rapaces afondaron en conceptos como: que non é amor? O amor platónico, as relacións tóxicas e outros conceptos que permitiron ao alumnado descubrir como se constrúen as relacións sans e positivas entre as persoas.

O alumnado precisa coñecer a realidade social na que vive e traballar  a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que lle permitirá recoñecer e eliminar  os estereotipos sexistas e as  falsas crenzas que envolven ás relacións de parella.