Benvida á web do IES Moncho Valcarce
Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce
Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Teléfono 881 93 00 55 – Fax 881 93 00 64 – ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal
Horario de atención ao público: de 08:30 a 14:10 h, de luns a venres (Secretaría: 881 93 00 56)
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Convocatoria de bolsas de estudo ["becas"]
para o próximo curso 2024-2025
- Documento con información sobre o proceso de solicitude.
- Convocatoria oficial (Ministerio de Educación e Formación Profesional).
- Prazo de solicitude: do martes 19-marzo-2024 ata o venres 10-maio-2024, ambos inclusive.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Admisión de alumnado para o próximo curso 2024-2025
- No taboleiro de anuncios do centro están expostas as listas do alumnado dos centros adscritos que reservou praza para o próximo curso en 1.º ESO e 1.º bacharelato.
- Todo o alumnado que reservou praza está admitido.
- O prazo de solicitude de admisión (alumnado que non reservou) é do venres 1 ao mércores 20 de marzo, ambos inclusive.
- Postos escolares vacantes a 29 de febreiro de 2024:
- 1.º ESO: 24.
- 2.º ESO: 15.
- 3.º ESO: 13.
- 4.º ESO: 23.
- 1.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 32.
- 1.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 12.
- 2.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 34.
- 2.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 17.
- Máis información na secretaría do centro: 881 93 00 56 (de 08:30 a 14:10 h).
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES DA 3ª AVALIACIÓN
BACHARELATO: Semana do 22 ao 26 de abril
ESO: Semana do 21 ao 24 de maio