O Departamento da Familia Profesional Química abrangue todos os profesores e profesoras, propios da especialidade, que imparten módulos no Ciclo Superior "Laboratorio de Análise e Control de Calidade" e Ciclo Medio "Operacións de Laboratorio"
A ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia detallase no Decreto 114/2010, do 1 de xullo, que establece a estrutura, a organización e a regulamentación xeral da formación profesional do sistema educativo, asi como as directrices que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial réxese pola Orde do 12 de xullo de 2011.
As atribucións do profesorado son as que se contemplan no Real Decreto 1834/2008, de 8 de novembro polo que se establecen as especialidades docentes dos corpos de catedráticos de ensinanza secundaria, de profesores de ensinanza secundaria e de profesores técnicos de formación profesional e se determinan as materias e módulos que deberá impartir o profesorado respectivo.
Ciclo de grao medio medio correspondente ao título de técnico en "Operacións de Laboratorio" Título LOE (DOG 13.06.2016)
Os coñecementos adquiridos neste ciclo permiten ós titulados realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental.
Estes titulados exercerán a súa actividade profesional en empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade.
Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade profesional son:
· Industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade.
· Outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica,
electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc.
· Laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
· Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, industria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de materiais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas.
· Operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén.
· Mostreador/ora e participante en ensaios de campo.
Módulos que compoñen o ciclo de grao medio "Operacións de Laboratorio" Título LOE (DOG 13.06.2016)
MP0116. Principios de mantemento electromecánico.
MP1249. Química aplicada.
MP1250. Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio.
MP1251. Probas fisicoquímicas.
MP1252. Servizos auxiliares no laboratorio.
MP1253. Seguridade e organización no laboratorio.
MP1254. Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica.
MP1255. Operacións de análise química.
MP1256. Ensaios de materiais.
MP1257. Almacenamento e distribución no laboratorio.
MP1258. Formación e orientación laboral.
MP1259. Empresa e iniciativa emprendedora.
MP1260. Formación en centros de traballo.
Ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en "Laboratorio de Análise e Control de Calidade"
Título LOE (DOG 8.10.2008)
Os coñecementos adquiridos neste ciclo permiten ós titulados organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando
todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como
interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
Estas titulados exercerán a súa actividade en empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos,
e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa
preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
· Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada.
· Analista de laboratorio químico.
· Analista de laboratorio microbiolóxico.
· Analista de laboratorio de materiais.
· Analista de laboratorio de industrias agroalimentarias.
· Analista de laboratorio de industrias transformadoras.
· Analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento.
· Analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas.
· Analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais.
· Analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica.
· Analista de materias primas e acabamentos.
· Técnico/a de laboratorio de química industrial.
· Técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas.
· Técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica.
· Técnico/a de ensaios de materiais de construción
Módulos profesionais que compoñen o ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en
"Laboratorio de Análise e Control de Calidade" Título LOE (DOG 8.10.2008)
-MP0065. Mostraxe e preparación da mostra
-MP0066. Análises químicas
-MP0067. Análise instrumental
-MP0068. Ensaios físicos
-MP0069. Ensaios fisicoquímicos
-MP0070. Ensaios microbiolóxicos
-MP0071. Ensaios biotecnolóxicos
-MP0072. Calidade e seguranza no laboratorio
-MP0073. Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade
-MP0074. Formación e orientación laboral
-MP0075. Empresa e iniciativa emprendedora
-MP0076. Formación en centros de traballo
|