A Consellería de Educación ven de publicar unha "Proposta de Intervernción de Benestar Emocional" para enfrontar os desaxustes emocionais derivados da situación atípica ocasionada pola pandemia da COVID-19. que modificou de xeito significativo as nosas relacións sociais.
A pesares de estar enfocadas ao alumnado da etapa de primaria algunhas das propostas didácticas poden ser implementadas no 1º e 2º curso da ESO.
CONECTA Favorecer a creación de espazos de comunicación e escoita, así como a identificación das emocións propias e alleas sentidas e vividas durante este período de pandemia global
|
|
"Mochila dos recordos" Nos momentos tan difíciles que temos vivido foron moitas e diferentes as emocións sentidas. Para ser quen de xestionalas primeiro debemos identificalas, poñerlles nome e compartilas, observando como os sentires compartidos axudan a sobrepoñerse e saír adiante en situacións estresantes da vida, ao contribuír ao crecemento persoal e ao benestar emocional. Sesións: 2 |
|
"Baleirando petos". A través da escoita activa experimentamos sentimentos e emocións alleas, sentimos empatía de xeito natural e transmitimos seguridade a que é escoitado/a. Empregando o recordo que nos ofrecen os sentidos, identificamos as emocións propias e alleas. Sesións: 2 |
|
"Detectives de emocións". Tras unhas circunstancias adversas como as vividas -e preciso pararnos a pensar e reflexionar sobre os nosos sentimentos, sobre como mudadro e sobre os motivos que os xeraron para poder identificalos e comezar a xestionalos axeitadamente. Sesións: 2 |
|
"Orellas de elfante". Saber escoitar é moi importante na comunicación. A escoita empática consiste en sintonizar cos sentimentos do interlocutor, en poñernos no lugar da persoa que ten algo que dicir. Neste caso trataremos de comprender tamén actitudes e xestos, máis aló das simples palabras, pois isto é esencial para ter unha boa comunicación termos unha boa comunicación Sesións: 2 |
|
"Superpoder". Todos temos en algún momento o soño de ter un superpoder que nos confira esas posibilidades sobrehumanas que nos fagan sentir seres especiais. Xogo de creatividade para abadoarnos á nosa imaxinación. Sesións: 2 |
|
"O poder da música". A arte xera emocións. Este xeito de achegarnos a elas, permítenos identificalas e comprendelas, cunha visión lúdica e distante. O feito de compartir o que sentimos ante unha obra musical e crear entre todos os membros do grupo unha lista de cancións que nos fan sentir o mesmo, lévanos a fomentar o sentimento de pertenza ao grupo que pode ser de gran axuda ante a incerteza e a inquedanza. Sesións: 2 |
|
RESPECTA Está dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais tendo en conta as normas hixiénico-sanitarias derivadas da COVID-19 |
|
"Cambiamos tocarnos por mirarnos". Tendemos a facer uso da linguaxe verbal acompañada de xestos (apertas, bicos, aloumiños). Podemos substituílos por unha linguaxe non verbal que expresan a intensidade da emoción. Sesións: 2 |
|
"Bicos de lapis, bicos de picas". Tern en conta a denominada distancia de seguridade, manter unha distancia interpersoal de cando menos 1,5 metros, nas interaccións entre as persoas. Sesións: 1 |
|
"En equipo, máis fortes". Dialogar e compartir opinións para buscar solucións axeitadas e creativas, desde unha visión positiva e responsable, aumenta a capacidade do alumnado de autoeficacia e fomenta a autoestima. Sesións: 2 |
|
"Planeta perfecto". Concienciar o noso alumnado sobre a contaminación do planeta. Nos últimos meses reduciuse a contaminación obtendo ceos máis limpos e augas máis claras debido, fundamentalmente, ao descenso de vehículos de tráfico e á diminución da produción industrial. Pero a pesar deste dato positivo estamos tendo comportamentos pouco cívico co uso das máscaras e as luvas. Sesións: 2 |
|
"Fabulaforum". A fábula é unha ferramenta moi valiosa para traballar valores e normas de conduta. Pretendemos facer unha reflexión conxunta da fábula a través da posta en común das ideas e emocións que se xeran tras a súa lectura. Sesións: 2 |
|
"Xogos reunidos". O xogo como ferramenta indispensable no proceso de aprendizaxe do noso alumnado. Permite que os contidos transmitidos sexan interiorizados desde a emoción fundamentais para a interiorización das novas normas hixiénico-sanitarias. Sesións: 1 |
|
REGULA Desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afrontamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés |
|
"Caixa de urxencias emocional". Todos precisamos un lugar onde sentirnos seguros, tranquilos, protexidos. Construiremos “o recuncho do corazón”, un lugar onde deixar fluír as nosas emocións. Alí atoparemos a nosa caixa de urxencias emocional, ferramenta para chegar a acadar o benestar da aula. Sesións: 1
|
|
"Un paseo relaxante". As relaxacións guiadas son unha técnica frecuentemente empregada para centrarnos no momento presente, tomar conciencia sobre como estamos tanto a nivel corporal como a nivel mental e relaxarnos e calmar os nosos pensamentos e emocións Sesións: 1 |
|
"Tece palabras". Habituarnos á perda de cousas, persoas, situacións é algo moi difícil de superar. Para os nenos e nenas é igualmente de dificultoso pero co inconveniente de que moitas veces non saben como expresalo nin adoitamos brindarlles o tempo nin o espazo para facelo. Sesións: 2 |
|
"Faltoume o que non tiña, ou non?". Desenvolvemento de estratexias adaptativas que axuden a afrontar os cambios estresantes que van sucedendo no contorno, así como a buscar solucións para autorregular e xestionar as emocións dun xeito positivo e creativo. Sesións: 1
|
|
"A cesta máxica". Dar a coñecer a importancia do uso da linguaxe positiva acompañada de actitudes tamén positivas. Sesións: 2 |
|
"Bandeiras do Himalaia". Fomentar o sentimento de esperanza e crer que podemos enfrontar as adversidades incrementa o sentimento de seguridade e activa estratexias de regulación emocional colectiva. Sesións: 2 |
|
VIVE Fomentar actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin de desenvolver pensamentos positivos, recoñecer o esforzo e xerar un beneficio común. |
|
"Pechando os ollos". A gratitude e a admiración non son só emocións que te fan sentir ben, senón que che permiten vivir dun xeito máis pleno e saudable. Sesións: 1 |
|
"Adiviña quen". Ferramentas que fomentan o pensamento positivo, facendo fincapé nas fortalezas de cada un e de cada unha de nós. Sesións: 2 |
|
"Cada ovella coa súa parella". Representar a través dun role play de personaxes brindaranos a posibilidade de poñernos no lugar doutras persoas e entender as situacións polas que pasan, achegándonos ás súas emocións e sentimentos e dándonos pé para o debate. Sesións: 2
|
|
"Tempo compartido". Recoñecemento das nosas fortalezas e habilidades favorece a construción dunha autoestima máis positiva ao ter un autoconcepto máis axustado á realidade. Sesións: 2
|
|
"Olimpo". Potenciar e recoñecer as fortalezas, fomentar estratexias para enfrontar as dificultades e manter relacións baseadas no respecto polos demais son habilidades esenciais para o benestar das persoas. Sesións: 2 |
|
"Receita da felicidade". As persoas que son quen de desenvolver habilidades para ser felices son máis proactivos á hora de afrontar o futuro e as dificultades, máis creativos na resolución de conflitos e acadan un maior autoconcepto. Sesións: 2 |
|
Documentos para avaliar as Unidade Didácticas | |
Outros Anexos para desenvolver as Unidades Didácticas propostas |