Skip to Content

Igualdade

As autoras de Ámame mantiveron unha animada e esclarecedora conversa con Noelia Rego e Ainara Villabrille.

Teresa López entrevista á xornalista e escritora Cristina Fallarás que o pasado sábado 14 de decembro estivo en Lugo no Vello Cárcere para dar unha charla. Nela falou sobre feminismo, violencia machista e o seu proxecto #Cuéntalo.

Nova entrega da entrevista que Teresa e Raquel lle fixeron a Marta Engroba, presidenta de Sí, Hai Saída e a Sandra Piñeiro xuíza do nº2 de Lugo. Este é o segundo podcast dunha serie que estamos a publicar aos poucos para ir resolvendo certos aspectos e dúbidas ao respecto da violencia machista. Nesta ocasión: Que trámites xudiciais sigue un caso de violencia machista?

Realizado polas alumnas de Valores Éticos de 3º da ESO: Marta, Isabel, Iria, Paula, Sabela e Cloe. Paga a pena escoitar o que nos teñen que contar.

As alumnas de 4º de ESO Ío Blanco e Alejandra Vilanova aproveitaron para charlar sobre feminismo e muller coa escritora galega Inma López Silva logo do Faladoiro Feminista do pasado 15 de novembro organizado polo Foro Feminista Maruxa Mallo. A excelente narradora galega deu unha charla co título: Adquirir a voz de muller: a escritura entre ficción e realidade.

Arelas

As alumnas de Valores Éticos de 3º de ESO Alejandro Zas, Lola Soto, María García, Andrea Santoalla e Carlota Santoalla entrevistan a Cristina Palacios, presidenta de Arelas. Arelas é a asociación galega de familias de menores trans, a cal traballa para un recoñecemento e integración na sociedade de menores trans. Cristina explica cal é a realidade e os procesos que adoita atravesar unha crianza trans.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut