try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Orientacións para o terceiro trimestre

Acordo Educación

Novo

A Consellería de Educación publicou o 28/05/2020 instrucións polas que se amplían e concretan determinados aspectos das que foron publicadas o 27/04/2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20.

Salientar a decisión de non realizar exames presenciais. E as instrucións respecto aos criterios de promoción e titulación.

Ligazón

A Consellería de Educación publicou o 27 de abril de 2020 as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Resumo:

Calendario

Final do curso segundo calendario previsto: 19 de xuño ESO e 1º BAC.

Avaliación final de 2º Bac: 9 de xuño

Adaptación da actividade

Especial atención a identificación do alumnado desconectado, sendo necesario preparar plans de recuperación do vínculo para axudar á súa reincorporación. Estes plans serán remitidos a Inspección Educativa.

Identificación do alumnado que carece de medios de conexión dixital. Establecer medidas necesarias para a atención educativa.

Titoría e Orientación

Priorizar acción de orientación ao alumnado de 4º ESO, 2º Bac, 2º FP

Organizar recursos de apoio para a atención ao alumnado ANEE

Currículo e Programacións

Revisión dos currículos e programacións para centrar as aprendizaxes nas competencias imprescindibles, flexibilizando os plans de traballo e procurando non afectar ao benestar do alumnado.

Para o alumnado con dificultades no período presencial o terceiro trimestre centrarase en actividades de recuperación, repaso e reforzo.

Poderán ampliarse contidos para todo ou parte do alumnado sempre que non prexudiquen a nota, baseados en competencias clave e que requiran a mínima intervención docente.

As Xefaturas de Departamento adaptarán as Programacións Didácticas, baseándose nos estándares de aprendizaxe e competencias clave que serán o referente para o desenvolvemento do 3º trimestre.

A avaliación realizarase sobre as competencias desenvolvidas nos dous primeiros trimestres e nas actividades do terceiro sempre que beneficie ao alumnado.

Para as materias pendentes poderá realizarse unha proba telemática ou substituíla pola realización de traballos. Deberanse detallar os criterios de avaliación e cualificación e establecer as datas para as probas.

Elaborarase un Documento Guía antes do 12 de maio que será remitido a Inspección Educativa e publicado na web do centro para facelo accesible a toda a comunidade educativa.

Avaliación e Promoción

Obxectivo prioritario que o alumnado non perda o curso.

Avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so terá valor positivo para a cualificación do alumnado.

Avaliación final farase respecto ao desenvolvido nos dous primeiros trimestres, poderanse ter en conta as actividades do 3º trimestre sempre que isto beneficie ao alumnado.

A repetición será unha medida excepcional, nos criterios de promoción non se terá en conta o número de materias pendentes. A decisión adoptarase de maneira colexiada polo equipo docente en función da evolución académica.

Os que promocionen sen ter superadas todas as materias deberán matricularse das pendentes e seguir programas de reforzo individuais ou grupais no vindeiro curso.

Elaborarase un informe individual valorativo que inclúa os atrasos que se produciron e un plan de recuperación para o ano académico 2020/21

Flexibilizaranse os criterios de titulación en todas as etapas non se terá en conta o número de pendentes.

A decisión colexiada poderá adoptarse en xuño ou setembro. 


   

O Ministero de Educación e Formación Profesional publica no BOE 24/04/2020 a Orde EFP/365/2020 pola que se establecen as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019/2020 e o inicio do 2020/21.

 


  

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as consellerías responsables da educación das Comunidades Autónomas, no seo da Conferencia Sectorial de Educación, adoptan os seguintes acordos, que teñen por obxecto orientar o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do próximo curso 2020-2021. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia fixo públicas o 17/04 as orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre.