Presentación coa información para o acceso a ESO e ao Bacharelato
Fase 1
Dende o día 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. (Anexo I). A solicitude debe ser única e deberá realizarse no centro no que o alumnado está matriculado no presente curso.
Os centros adscritos ao IES Lucus Augusti son CEIP Rosalía de Castro e CEIP A Ponte
Fase 2
Dende o 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22 para aqueles/as alumnos/as de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG. / e nas Ordes do 25 de xaneiro de 2017 DOG e 18 de decembro de 2020 que as modifican DOG
Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo. Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial. Código ED550B (Anexo II)
A aplicación "admisionalumnado" posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Zonas de Escolarización 2021: ESO / Bacharelato
Prazas Vacantes 2021/22 no IES Lucus Augusti
ESO
Curso | Vacantes | ANNEE | Totais |
1º | 66 | 15 | 81 |
2º | 1 | 1 | |
3º | 19 | 19 | |
4º | 23 | 23 | |
124 |
Bacharelato
Curso | Ciencias | HH/CCSS | Totais |
1º | 15 | 43 | 58 |
2º | 37 | 36 | 73 |
131 |