Primeira contribución do IES Lucus Augusti ao mundo da radio escolar, a nosa primeira grabación (que non é moi boa porque ainda non temos a radio fixa) foi para participar no Día mundial da radio 2019.
Fart@s como estamos de oír novas relacionadas cos conflitos bélicos e coas desgracias que delas derivan para moitas xentes do planeta, gustaríanos vivir nun mundo onde todo iso non existise, así que pensamos que aínda que so sexa por un día e coa nosa imaxinación, poderiamos darlle a volta ao que acontece.
A que le é Paula Magide, alumna de PMAR II. (minuto 10:58)
Profesora: Cristina Corral Soilán.