Skip to Content

“ II CONCURSO AUDIOVISUAL - ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL”

cazon

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS  organizamos o “ II CONCURSO AUDIOVISUAL -  ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL” para todo o alumnado dos centros de ensino público galegos.  A nosa intención é contribuír á difusión, coñecemento  e posta en valor do incríbel patrimonio cultural e paisaxístico do noso rural; e para iso, consideramos que a mellor forma de poder acadar eses obxectivos é traballándoos coa nosa mocidade. Por este motivo, queremos  convidarvos a participar nesta segunda edición.

Para participar é preciso que fagades unha pre-inscripción a través da nosa páxina web   https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/ e que dará comezo este venres 10 de novembro. Unha vez aceptemos a vosa solicitude, cousa que vos comunicaremos o máis rápido posíbel, tedes até o 30 de marzo para presentar os vosos proxectos.

Achegámosvos as bases para participar e agardamos que teñades tanto interese coma nós en mostrarnos a todos o precioso país que temos.

Tedes toda a información na nosa web: https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/



page | by Dr. Radut