Skip to Content

Asemblea Xeral Ordinaria de nais e pais

cazon

A Xunta Directiva da ANPA do IES Lucus Augusti reunida o 7 de outubro de 2021 acordou convocar Asemblea Xeral Ordinaria de nais e pais do alumnado do Instituto para o mércores 27 de outubro de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Instituto coa seguinte orde do día:

• Decisión sobre a continuidade ou disolución da Asociación.

• Designación de Xunta Directiva para o bienio 2021-2023 ou, caso de acordar a súa disolución, da Comisión Liquidadora da Asociación.

• Preguntas e suxestións. Dada a transcendencia para a Asociación das cuestións a tratar, rógase a asistencia do maior número posible de nais e pais.

A Xunta Directiva da ANPA do IES Lucus Augusti

Convocatoria



page | by Dr. Radut