Skip to Content

Últimas publicacións

08/06/2023 - 14:12

E finalmente rematou a liga de fútbol con equipos non gañadores, pero si que acadaron o terceiro, segundo e primeiro posto, porque xa sabemos que gañadores son todos os equipos que participaron, non exclusivamente os que chegaron á final. 

Por iso,...

08/06/2023 - 14:11

Como o curso pasado nos gustou tanto mariscar, este ano decidimos repetir e, aínda que o día non se prestou tanto, iso non foi desculpa para atender, aprender e practicar a arte do marisqueo. 

De novo, grazas ao concello da Pobra por organizar esta actividade que nos pon en contacto cun sector tan...

07/06/2023 - 11:36

Pódese consultar aquí o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de bacharelato, que terán lugar entre os días 19 e 21 deste mes de xuño.

07/06/2023 - 11:25

Pódese consultar o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º Bacharelato, que terán lugar entre os días 19 e 21 deste mes de xuño.

04/06/2023 - 22:45

Observade o mosaico colectivo baseado en figuras xeométricas que realizou o alumnado de 1º ESO na aula de Plástica e que atoparedes polos corredores do Leliadoura; fixádevos como imitan os azulexos comúns que todas e todos coñecemos, pero iso si, estes teñen estilo propio. Con isto traballaron o bo emprego...

04/06/2023 - 22:32

O alumnado de 3º ESO PDC e 4º ESO de Plástica visitou a exposición "Homenaxe a Picaso" de Manuel Ayaso e Alfonso Costa no Museo do Gravado á Estampa dixital de Artes.

Comezaron o percorrido cunhas explicacións sobre as...

31/05/2023 - 22:40

Minas de San Finx, Toxosoutos e roteiro fotográfico por Noia. 1º BACH aproveitou ben a mañá do pasado 26 de abril. Tardou un pouco máis do esperado o vídeo, pero aquí o tendes con todas as fotos que realizamos. O forno aínda che vos estaba frío, pero agora que se puxo a traballar xa podemos recordar todo o que...

27/05/2023 - 22:09

E entre as actividades das letras, 2º ESO realizou esta semana a XINCANA DAS LETRAS. Andaron e rebuscaron polo centro en busca das pistas que os/as ía axudando a recompoñer datos sobre a vida, a obra e a traxectoria profesional de Fernández del Riego.

...

27/05/2023 - 22:02

Un pracer foi poder volver percorrer as rúas de Santiago con aire lúdico e festivo, berrando consignas a favor do uso da NOSA LINGUA.

Xa que este ano o lema era "na casa, na escola, bota a lingua fóra", o alumnado do Leliadoura elaborou as...

27/05/2023 - 21:42

 Ese mesmo alumnado de 3º ESO que acudiu ao Museo do Pobo Galego e fixo o roteiro fotográfico tivo tempo aínda para visitar o CEGAC (Museo de Arte Contemporánea) os días 25 e 26. Alí foron coa intención de ver a exposición "Guerrilla girls" que marcaría o colofón ao corredor das mulleres...



by Dr. Radut